martes, 3 de abril de 2018

Así foi a busca do tesouro que tiñamos pendente...

Cando Leila contou o invento dos mapas, por mor do tempo, quedóunos por resolver o mapa do tesouro. E así o fixemos un día que mellorou.
Percorrimos todos os lugares que nos indicaba o mapa: charca das rás, árbores xuntos, mangueira, tobogán con castelo...




Por último, dimos os pasos que nos marcaba no último tramo e... Alí estaba o tesouro e Puntillas e Panela!!!
Foi unha dobre sorpresa que nos puxo moi moi contentos.



Logo tocou levar o tesouro ata a nos aula... non foi tarefa doado porque pesaba moito!!! Todos e todas tentaban adiviñar o que levaría dentro.


E xa na aula, averiguámolo. Tiña unha chea de xoguetes para compartir: 3 quebracabezas, 5 xeoplanos e 2 xogos sensoriais para os oídos e para o tacto. Menudo tesouro!!!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails