miércoles, 7 de marzo de 2018

Paula e o gran invento do reloxo!!!

Coma sempre, comezamos poñendo o nome do invento e contando as letras que tiña. Logo Paula L, falou de para que sirve o reloxo. Dixo que para saber a hora que era e o que tiñamos que facer. Falamos dos tipos de reloxos que hay polo lugar onde se colocan, de onde os podemos atopar e das formas que teñen. 


Tamén falounos de Cartier, que atopamos en internet que é unha marca que fai reloxos con xollas. E descubrimos que houbo moitos inventores. Primeiro os egipcios fixeron un de sol que non servía para a noite. Logo inventaron reloxos de agullas, logo o de pulseira, ata os máis modernos que temos agora.

E metémonos de lleno a fabricar reloxos. Uns grandes como os que se poñen na parede. Onde tiveron que completar os números que faltaban. Poñer a hora en punto que preferían e pensar que se podía facer nesa hora, pola noite ou polo día.




E tamén, uns preciosos reloxos de pulseira. Escollendo e recortando as formas necesarias e completando algúns detalles. Quedaron preciosos!!!




No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails