sábado, 3 de marzo de 2018

Orde e concentración

Os comezos non son sinxelos, claro que non. Despois de adaptarnos a novos espazos e persoas que comezan a formar parte da nosa vida, temos que comezar a interiorizar algunhas pautas para poder convivir xuntos, para poder traballar cada vez mellor de forma autónoma e así ir aumentando pouquiño a pouco os tempos de concentración.
Unha das cousas nas que insistimos moito e manter ordenados os espazos de traballo, porque así todo sairá mellor, e porque nese momento ese espazo é "meu", pero despois virá outra persoa a empregar eses materiais.
Hai momentos nos que os pasiños son tan pequenos que parece que non avanzamos, pero de súpeto ves cousas coma estas e ata te emocionas.
Grazas peixiños, por ensinarme tanto cada día 


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails