Que sorpresa tivemos con Leila, que logo de poñer a palabra do seu invento, nos CANTOU!!! Sí, nos cantou quen foi o inventor do mapamundi, cunha canción que trouxo escrita nunha folla. Xenial!!!
Qué nome máis raro o do inventor, que era grego: Anaximandro!!! Aproveitamos para contar as letras, comparar as palabras, unha moi longa e outra moi curta, etc. E tamén, trouxo unha bola do mundo, parecida á que temos no cole, onde buscamos países.
Logo fixemos un mapa de animais, cos que temos na escola. E os que no sabiamos onde vivían, os buscabamos en internet.
E rematamos cunha sorpresa. Unha carta que apareceu no cole, cun mapa diferente. Un mapa dun tesouro!!!
Pronto déronse de conta, que era do cole. Pero como estes días chove tanto, non podemos saír en busca dese tesouro. Toca ter paciencia. Por iso, esta historia ... CONTINUARÁ!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario