miércoles, 21 de marzo de 2018

Inventando robots!!!

Unha das actividades que recollimos no noso plan de traballo, do proxecto dos inventos, foi inventar robots. E hoxe, tocóunos ser inventores e inventoras.
Pensando, pensando, como non tiñamos pilas, nin motores para que funcionaran ou se moveran, falamos de facer robots inmóviles, estáticos. Pero que con eles, poderíamos facer moitas cousas. Poñerlles nome. Contarlles segredos. Bailar e movelos nos. Cantarlles cancións. Inventar aventuras. Xogar con eles na nosa casa. Levalos de viaxe. Ensinarlles ás nosas familias como se pode facer un robot. Facer que é o noso amigo ou amiga máxica. E moitas posibilidades máis. Pero todas, para pasalo ben!!!


  Fixémolo con materiais que tiñamos na escola, a maioría de refugallo. E como moitos non se podían pegar con pegamento, empregamos anacos de belcro por primeira vez. Fixemos un traballo de psicomotricidade fina, moi bo, quitándolle os papeliños.





Traballamos moitísimo!!! Pero mereceu a pena porque quedaron Chulísimos!!!




No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails