lunes, 5 de marzo de 2018

Elena e o gran invento da cadeira!!!

Hoxe Elena foi moi moi valente!!! Tocáballe ensinarnos cousas do invento que escolleu para investigar, e esqueceu a bolsa coas cousiñas que traía para ensinarnos, no coche do seu pai. Con todo, quixo contar o que sabía e... que ben o fixo!!! 
Coma sempre comezamos compoñendo a palabra do invento e tamén quixo poñer o nome do seu inventor. 


Contóunos que non hai fotos do inventor pero si una estatua. Que tiña unha foto na súa bolsa, que viu no ordenador, e buscámola no noso. Alí estaba Ebih II calvo e coa súa barba. Pensando, pensando, dixeron que era porque vivíu hai moito tempo e non existían as cámaras de fotos, nin os móbiles para facelas. 
Tamén, contóunos que naceu en Babilonia e quefixo a cadeira porque a xente non tiña onde sentarse e se sentaba no chan. Iso non era nada cómodo. E que a fixo con madeira, cunha taboa, catros paus debaixo e outra taboa para o respaldo.


Soupemos que os que máis contentos se puxeron polo seu invento, forpn os faraóns de Exipto, que facían así os seus tronos, e non deixaban á xente sentarse nelas. E para que viran que mandaba e tiña máis riqueza, que as construiron con moitas pedras preciosas e ouro. 
Logo, estivemos vendo cantas partes tiña unha cadeira, como se chamaban, e diferentes cadeiras que se fan hoxe, como e con que materiais se poden facer.


E chegou o momento de experimentar e xogar, e comezamos polo divertido e mundialmente coñecido xogo das cadeiras.



Seguimos experimentando cunhas "cadeiras sensoriales" que montamos nun momentiño. Nelas, a través das nosas mans, cara ou cú, sentímos cousas que eran duras, brandas, frías, quentes, suaves ou rugosas. Que pinchaban ou facían coxegas. Que deixaban marcas distintas se apretabamos un pouco. Que gustaban máis ou menos porque daban gustito ou non nos gustaba o que sentiamos cando tocabamos.





E rematamos, cun pintor que algúns xa coñecían, Vincent Van gogh. Coñecimos a súa obra de arte "La silla de Van gogh" pintada de amarelo que era a súa cor preferida, porque lle gustaba o sol. Comtemplamos que tiña enriba e que estaba feita con madera e palla. Contamos cantos paus tiña no respaldo, cantos para os pes e como era o asiento. E fixemos o debuxo da nosa cadeira, pero axudándonos por parellas. Alguén con toda a razón, dixo que si miras a cadeira por diante, as patas de detrás non se ven. E como así era máis doado, fixémola así. Artistas como Van Gogh!!!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails