miércoles, 14 de marzo de 2018

Darío e o gran invento do microscopio!!!!

Darío veu o cole vestido de médico como o seu avó. Trouxo un cartel co nome, onde vimos as letras e que en realidade gardaba dúas palabras: ver e pequeno. Porque dixo, que nos axuda a ver as cousas que son microscópicas, moi moi pequenas.



Logo, falóunos do seu inventor Zacharías Janssen, que facía lentes para ver. E contóunos, que colocando varias lentes xuntas, víu que as cousas facíanse grandes.

  Trouxo un microscopio dos seus primos e explicóunos as cousas que ten: o porta onde se poñen as mostras de cousas para ver, uns portas con mostras, unhas pinzas, onde estaba a luz, etc.


  Tamén estivo tomando probas e dixo como tiñamos que facer para ver no microscopio. Foi moi divertido e alucinante!!!.



Trouxo nun USB fotos, onde estaba co seu avó, que ten un microscopio xigante e moitas mostras. Ensinóunos como se ve de grande unha larva de mosca, un grano de sal, os glóbulos vermellos. Aproveitamos para ver en internet como se ven as células, os virus e bacterias que nos poñen enfermos, e as bacterias que son boas.


E logo, debuxamos as células do noso corpo, grandes como as que se ven no microscopio.



E tamén, experimentamos cun microscopio da profe, co que vimos como e con que podemos facer un microscopio de materiais de refugallo. E fixemos virus e bacterias malos e bos, pero todos e todas, chulísimos!!!



No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails