jueves, 15 de marzo de 2018

Ander e o gran invento do submariño!!!

Ander falòunos deste invento que é para ver o fondo do mar, sen mollarse. Puxo o seu nome que era moi largo, seguindo os sons ou as formas que faciamos coa nosa boca ou man. E tiña que adiviñar que letra faciamos para colocala.


Despois, nun mural que fixo coa súa nai en casa, ensinóunos submarinos dentro e fora da auga, que eran parecidos pero non iguais. E contóunos como foi o proceso da súa invención, porque o inventaron 3 señores e de 3 países diferentes!!!
O xa coñecido Leonardo da Vinci, que fixo un debuxo. Un tal Cornelius  que era holandés e fixo un con madera e remos. E un español que se chamaba Isaac Peral, que lle puxo as hélices e así xa se afundía na auga e moi rápido.


Logo, estivemos xogando cun xogo que preparou unha amiga súa e da súa nai, onde tiñamos que resolver un quebracabezas dun submarino, que nos quedou chulísimo!!!



Tamén, trouxo un periscopio que lle fixo un amigo seu e víase de verdade. Parecía maxia, porque poidamos ver aos nosos amigos e amigas, cousas da clase, etc.



Ensinóunos un submarino de xoguete, e dixo que nos de verdade, podían estar ata 23 persoas xuntas. Neste submarino poidemos ver como son por dentro. E parécense a unha casa en pequeno.



Falando de cómo durmen no submarino, lemos en internet que fan quedas. E por iso, se dí que durmen en cama quente. E como moitos non teñen litera na súa casa, experimentamos como é o de durmir nunha litera.



Repasamos unha ventá dun submarino e estampamos os peixes que poderíamos ver a través dela.




Debuxamos submarinos nas pizarras, con ondas, peixiños, quellas, medusas, etc.


E fixemos un pequeno submarino cun rolo de papel, unha folla de cor, adhesivos e limpapipas. Moi sinxelo, pero moi resultón!!!




No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails