jueves, 1 de marzo de 2018

Ada e o gran invento da purpurina!!!

Este foi o invento que escolleu Ada para investigar e contarnos. Coma sempre, puxemos o nome e contamos as letras que tiña. E descubrimos que se repetían algunhas letras. Ata parecía que se colocaban facendo unha serie!!!


Grazas a Ada sabemos que o inventor foi Henry Bessemer, que como dixo ela, ten ese apelido porque da moitos bicos!!!
Contóunos que traballaba nunha fábrica de metal e inventou unha forma secreta para facer polvo de metal. Logo, votoulle pintura e así fixo polvo de ouro, que era como purpurina. Fíxose tan famoso que puñan polvo de ouro en todos os sitios. E trouxo fotos onde aparecía en marcos de cadros, en cúpulas de monumentos, en palacios, etc.
Preguntaron como se fai doutras cores, e dixo que se lle votamos outras pinturas doutra cor ao polvo de metal, pois fas purpurina doutra cor. E pensando cal sería o secredo para facer polvo co metal que é moi duro, dixeron que dandolle moitos golpes.


Contóunos que hoxe, empregamos a purpurina para outras moitas cousas. Por exemplo, nos xoguetes, no calzado, na roupa, no maquillaxe, e vimos que algúns tiñan purpurina na súa roupa e nos seus tenis. E o máis sorprendente, que hai unha purpurina comestible!!! Sí, que se emprega nos pasteis, tortas, madalenas, etc.



Logo, ensinóunos un bote da calma que fixo na casa con purpurina, e explicou para que se emprega e como.


E rematada a explicación, comezamos a experimentar, manipular e xogar. Pasamos un chisquiño de tempo cos botes da calma da profe e co de Ada. Era moi divertido axitalos, pero máis bonito mirar como bailaba e baixaba a purpurina. E algúns tiñan segredos como folerpas de neve, árbores, corazóns, etc.



Tamén, debuxamos con purpurina de cores e bastoncillos, nun plástico transparente. Mentres algúns amigos e amigas contemplaban dende abaixo o que faciamos. Unhas obras de arte que ás veces seguían cos seus dedos.





Creamos con purpurina mesturada con pegamento sobre papel, que logo dobramos e apretamos. Cando desdobramos o papel..... aparecían formas e debuxos diferentes aos que víramos antes. Unha sorpresa brillante e chulísima!!!



No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails