jueves, 8 de febrero de 2018

Visitamos aos avoíños!

O martes os peixiños visitamos aos avoíños do Centro de Día Atalaya cos papis de Manuela, que contaron dous contos teatralizados cos que desfrutamos un montón! UN AGASALLO DIFERENTE e AVÓS, foron as dúas historias que Moli, Pablo e Manuela dramatizaron para todos.
Despois, os peixiños fixemos entrega dos agasallos que preparamos en clase e no proceso de refugallo coa profe Chus, e eles tamén tiñan algunha sorpresiña para nós: unha canción e unhas chuches. Estupendo final de xornada!

Grazas por todo aos que fixestes posible este día tan bonito!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails