jueves, 22 de febrero de 2018

Mia e o invento da colonia!!!

Hoxe Mia, veu disfrazada de María Anronieta ao cole, para contarnos cousas sobre os seu invento: a colonia.  Agora sabemos que veu así, porque se inventó no século XVIII e por esas datas, as chicas que usaban colonia, vestían así. Tamén nos contou que a inventóu un señor Italiano chamado Giobanni María Fariña. E que o fixo xon auga, flores do campo e aceites. Que os mesturaba nunha máquina, logo os colaba e o que saía era xa a auga de Colonia.


Logo, nos contóu que se chamaba así, porque a fixo na cidade de Colonia, por iso, auga de Colonia. E o que máis nos impactóu, que a inventou porque por aquel tempo a xente casi non se lavaba. Non tiñan bañeras, nin duchas, bueno so algún que eran un pouco máis ricos. Pero que so se lavaban unha vez á semana, o así. Muy poco. Por eso, cheiraban faltal. E que a colonia so se votaba pola roupa, e as dos nenos e nenas non tiñan alcohol, porque iso é malo para eles. Foi unha gran profe, ensinando un gran invento!!!


Tamén, trouxo, unhas flores que colleu na casa da súa avóa, con auga e aceita, xa preparadas como si estivesen na máquina de mesturar. E fixemos os pasos que nos contóu que eran necesarios para facer colonia. Logo, falóunos de como cambiaron as colonias co tempo, e tamén os botes onde as puñan, e ensinóunos a súa…Que ben ulía!!!





Chegou o momento de experimentar e xogar. Comezamos vendo uns botes de perfumes que tiñan diferentes cores. E falamos de por que os perfumes non teñen a mesma cor. Cantas razóns!!!
Logo ulisqueamos para ver si adiviñabamos de que eran. Había perfume de limón, de laranxa, de flores, de coco, de chocolate, etc.
Tamén, xogamos a adivinar cos ollos pechados, de entre dous botes, cal era o que tiña o perfume que se lles pedía. 



E rematamos, inventando e debuxando un bote de colonia que era para algún da súa flor preferida, e para outros ulía a unha froita moi rica.


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails