miércoles, 28 de febrero de 2018

Gael e o gran invento da cana de pescar!!!

Que invento tan importante para que a xente poidera alimentarse cos peixes, cando non había supermercados, nin pescadarías!!!
Gael puxo o nome que tiña tres palabras!! E contóunos que o inventor foi o alemán, Charles White. Que para que fora máis doado de lembrar, era como dicir "Carlos Blanco".
Dixo que as primeiras as facían con canas de bambú, o que comen os osos, nelas ataban unha corda e o final, ataban os cebos, que eran casi sempre vermes. Que logo foron mellorando as canas con outras cousas modernas e máis resistentes, porque a madeira se podía romper, claro.
Logo, ensinándonos a súa cana de xoguete, vimos que lles puxeron un carrete para subir e baixar a corda de pescar,  e o azuelo onde enganchaban os cebos. E como tiña unha chea de peixes, votámolos na mesa de auga e tentamos pescar algún.





E seguimos xogando, cunha chea de xogos onde puxemos a proba a nosa paciencia, habilidades como a coordinación, precisión, a capacidade de inspiración, etc. Así, pescamos con imanes, cada un os peixes da cor da súa cana de pesca.



Limpamos a auga con diferentes materiais, sacando o lixo que algúns votan nos ríos ou no mar. Porque iso, contamina os peixes e a nós que os comemos, nos bañamos alí, bebemos, etc.



Pescamos con paus os pequenos peixes clip.



E pescamos coa boca e unha palla, peixes de papel de cores. Para algúns, un pouco difícil aspirar pola boca !!!


1 comentario:

Unknown dijo...

Gracias Elena!! Que bien se lo pasó y que emocionado fué y volvíó!! Menudo super trabajo haces siempre con todos!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails