miércoles, 14 de febrero de 2018

Feliz día do amor e a amizade!

Este é un deses traballos que cando comezas non sabes o moito que vai aportar a nenos e maiores. Cantas cousas traballamos estes días a través da pintura e canto disfrutamos reinventando os cadros!
Fusionamos o día da Paz (30 de xaneiro) e o día do Amor e a Amizade (14 de febreiro) para traballar ambas cousas a través da pintura. Coñecimos a pintores famosos (Picasso, Klimt, Renoir...) e algúns dos seus cadros.
Analizamos cada unha das pinturas comentando por que pensamos que son cadros que transmiten paz, amor e amizade: "porque comparten", "porque parece que se quieren", "porque son amigos", "porque están juntos"...
Traballamos conceptos básicos a través da arte e fixemos a nosa propia versión, observando con moita atención para intentar facelo o máis parecido posible.
Non é doado, pero mirade que traballo tan fantástico fixeron estes peixiños e peixiñas durante estas semanas!!!


2 comentarios:

Unknown dijo...

Xenial Marta!!! Moitas grazas por transmitir tanto!!!

Raquel dijo...

Que bonito marta.son autenticos😍😍😍😍

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails