jueves, 15 de febrero de 2018

Ezequiel e o invento da roda!!!

Cantas cousas aprendemos con Ezequiel. Agora sabemos que algunhas cousas non se poden coñecer, como pasa cos nomes das persoas que inventaron a roda. E tamén, xa sabemos como se debuxa o número 3000, porque fai  moitísimos máis de 3000 anos que se inventou. E coñecimos como foron as primeiras rodas, con que materiais se foron mellorando e para que sirven. Sobre todo, como dixo Ezequiel "son muy importantes para toda la humanidad, para llevarnos dun lado a outro". E todos e todas estivemos de acordo, porque nos levan a nós, aos animais e a outras cousas, como o carro da compra. Foi un profe estupendo!!!


 E logo a xogar  e experimentar coas rodas. Comezamos facendo cadros rodados, dando voltas cos rotuladores ao redor dos aros, para facer a súa forma. Coas superposicións quedaron chulísimos, parecía un laberinto.



Logo, creamos rodas das que teñen radios. A actividade era contar e colocar 8 radios, que parecían unha folerpa de neve. E logo, rematar a roda cos recursos do espazo de experimentación que nós quixeramos.



 Tamén, xogamos aos bolos cos vasos e unhas caixas de plástico redondas, que parecían rodas.


E o máis chulo de todo foi que construimos un coche de arrastre. Para iso, tivemos que traballar moito, coller os materiais que dixera a profe e seguir as instrucións de montaxe.


 Un enorme traballo!!! pero como temos uns cerebros que están espertos, quedaron perfectos!!!!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails