miércoles, 14 de febrero de 2018

Eiza e o invento da bicicleta.

Eiza escolleu para investigar e contarnos, o invento da bicicleta. E agora xa sabemos que a fixo Karl que tamén era alemán e tamén, con que a fixo.


Logo, ensinóunos a debuxar unha bicicleta e aprendimos como se chaman as súas partes.


 Seguindo as súas informacións e o seu debuxo, debuxamos a nosa bicicleta.


E despois, fixemos moitas bicicletas!!! Por parellas, fixemos unhas bicis comestibles con galletas, aspitos e oreos que quedaron moi chulas.
Alguén dixo que tiñamos que facer unhas bicicletas sin pedales, porque non tiñamos con que facelos, e tamén existen e son menos perigosas.



 E fixemos outras con cousas da natureza e do contorno, que nos permitiron desenvolver máis a nosa creatividade, enchendo as bicicletas de máis detalles como os manillares, o timbre, etc.




Rematamos a actividade dunha maneira moi doce... comendo partes dalgunhas bicicletas!!!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails