martes, 27 de febrero de 2018

Día de Rosalía

Para celebrar o Día de Rosalía, Comba tróuxonos un mural xenial que fixo na casa coa axuda da súa familia. Coa profe Chus, fixemos outro con tapóns e diferentes fotos de Rosalía. Colaboramos tamén coa AELG e a súa poposta #AbrideAfiestra. O venres fomos visitar aos nosos amigos/as do CEP Santa Tegra, ( tamén veu con nós Rosalía pequeniña!!) para aprender máis sobre Rosalía contándonos uns aos outros/as cousiñas da súa vida que non sabíamos nin sabían! Encantounos intercambiar información! Recitámoslle un poema e como agasallo levamos unha flor para cada compañeiro/a; eles/as fixeron para nós un colar chulísimo de Rosalía e un diploma. Aquí tedes un pequeno resumo do que fixemos:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails