Cíes trouxo un invento, que sí tiña inventor, un tal John Baidr
que era de Escocia. E que foi capaz de
facer que se vira en muchos lugares unha marioneta. Tamén ensinóunos como eran
as televisóns antiguas e con que materiais as facían. Que al principio, as
cousas so se veían en branco e negro, e alguén, dixo que tamén, en gris. E nas
fotos que trouxo, puidemos ver, como
foron cambiando ata a que todos temos hoxe.
Tamén, aproveitamos para falar, do que ven hoxe na tele, e
dos programas que máis lles gustan.
E foi unha pasada ver a Cíes, metida dentro da tele que lle
fixo a súa nai, facendo a exposición.
Despóis traía unha gran sorpresa. Un xogo que fixeron ela e
a súa nai, para facer historias entre todos e todas, e contalas na súa tele.
Era unha sorpresa cada historia, porque os dados dicían os
personaxes, o lugar onde acontecía, un medio de transporte e un obxecto. Todos
moi diferentes. E inventaron unhas historias con covas encantadas cheas
de malos malísimos, unha árbore onde vivía un esquío ladrón que roubaba coroas
de principes, unha sirena que quixo dar unha volta en helicóptero, unha fada
que axudou a un peixe a voar ata o arco de vella. SON XENIAIS!!!
Foron moi divertidas e todas con final feliz. UNHA PASADA DE INVENTO!!!
1 comentario:
Gracias por hacerlos tan felices
Publicar un comentario