Dixo que os primeiros botóns eran cunchas de moluscos, ás que lles facían uns buratos para coselas. Logo se fixeron con madera, con piedras, eran de máis cores. E trouxo uns que fixo con anacos de botellas de plástico e pintura, por si queremos facelos na nosa casa.
Ensinounos moitísimos botóns, e algúns parecían xoias!!! Tiñan dous ou catro buratos e algúns so un agochado debaixo. Tamén había botóns de moitas formas e algún forrado con tea.
E coa chaqueta do seu papi, ensinóunos que non sempre se empregan para abotonar, tamén se empregaban de adorno.
Enterámonos que os botóns teñen amigos. Son a agulla e o fío!!! E estivemos cosendo no aire.
Trouxo uns carteis que fixo na súa casa, onde vimos como se escribe a palabra "botones", as letras que ten, cantas, como se poden debuxar, etc. E tamén o xogo de "a meter os botóns", co que estivemos xogando por parellas.
E logo, seguimos cos botóns a voltas, xogando e facendo... e así, xogamos ao "Bingobotón".
Fixemos cadros das letras que sabemos ou nos gustan.
E creamos debuxos cos botóns: peixes, árbores, flores, caras. Cada artista o que quixo!!!
1 comentario:
Gracias por todo Elena ! Seila gracias por tanto cariño ....un abrazo a las 2
Publicar un comentario