miércoles, 28 de febrero de 2018

Celeste e o gran invento dos botones!!!

Outro invento que non ten dono!!! Celeste contóunos que xa os usaban os romanos e os gregos. E por iso, para explicarnos o invento veu vestida de romana. Guapísima!!!
Dixo que os primeiros botóns eran cunchas de moluscos, ás que lles facían uns buratos para coselas. Logo se fixeron con madera, con piedras, eran de máis cores.  E trouxo uns que fixo con anacos de botellas de plástico e pintura, por si queremos facelos na nosa casa.



Ensinounos moitísimos botóns, e algúns parecían xoias!!! Tiñan dous ou catro buratos e algúns so un agochado debaixo. Tamén había botóns de moitas formas e algún forrado con tea.
E coa chaqueta do seu papi, ensinóunos que non sempre se empregan para abotonar, tamén se empregaban de adorno.



Enterámonos que os botóns teñen amigos. Son a agulla e o fío!!! E estivemos cosendo no aire.


Trouxo uns carteis que fixo na súa casa, onde vimos como se escribe a palabra "botones", as letras que ten, cantas, como se poden debuxar, etc. E tamén o xogo de "a meter os botóns", co que estivemos xogando por parellas.



E logo, seguimos cos botóns a voltas, xogando e facendo... e así, xogamos ao "Bingobotón".



Fixemos cadros das letras que sabemos ou nos gustan.



E creamos debuxos cos botóns: peixes, árbores, flores, caras. Cada artista o que quixo!!!



1 comentario:

Diana dijo...

Gracias por todo Elena ! Seila gracias por tanto cariño ....un abrazo a las 2

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails