martes, 27 de febrero de 2018

Brandán o seu papi Jose e o invento do termómetro!!!

Brandán trouxo de axudante ao seu papi, porque tiña moitas ganas de xogar con nós. Mentres esperabamos que chegara do seu traballo. Brandán puxo o nome do seu invento.


Logo, os dous xuntos ensináronnos moitas cousas do termómetro. Como que o inventou un señor chamado Galileo, que vivía en Italia, o país que ten forma de bota.  E ensináronnos que hay dentro do termómetro, o mercurio, e porque sube e baixa.
Que hai termómetros para medir a temperatura do ambiente de fora ou de dentro das casas. E trouxeron un para ensinalo, moi parecido ao que temos na clase.


Tamén vimos o termómetro que todos temos nas casas para medir a temperatura do noso corpo.
E otro que algúns non teñen, e sirve para medir a temperatura da auga da comida,da bañeira, etc.


Fixeron un experiemento, onde vimos o que pasa nos termómetros. Como sube o mercurio. Empregando unha botella con auga e un puco de colorante, un tubiño, un pouco de plastelina e un calefactor que dando aire quente, facía subir a auga vermella, como sube o mercurio. Parecía maxia!!!



Logo, buscamos pola clase cousas que facían subir o mercurio dos termómetros, porque tiñan a temperatura alta, que eran as que estaban quentes.



E algunhas que facían que baixara o mercurio, porque estaban frías.


E rematamos, Copiando o nome que puxo Brandán do invento. E pensando que formas podíamos empregar para debuxar un termómetro co que medir a temperatura do corpo. Entre todos fixemos un Termómetro rectángular,  coas raiñas da temperatura e un mango para agarralo. Puxeron o mercurio ata onde querían de temperatura e puxeron os números da temperatura. Debuxaron de maravilla!!!




No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails