miércoles, 21 de febrero de 2018

Alanna e o gran invento dos vestidos!!!

Aprendemos moitas cousas con este proxecto. E unha vez máis, non houbo un nombre concreto para o creador do invento.
Alanna contóunos que cando non había vestidos, a xente no verán se tapaba con follas e cando tiñan frío, facían roupa coa pel dos animais, que cosían con osos e pedras con punta. Logo, cando pasaron uns anos, con outras teas máis bonitas,  que eran de máis cores, e con lá das ovellas, comenzaron a facer vestidos antiguos.
Falóunos dun doutor moi listo, que fixo o primeiro vestido. Pero foi unha aportación súa...
Tamén, contóunos que os chicos e as chicas saben facer vestidos e coser. Algúns, dixeron que son diseñadores o diseñadoras de moda. Que primeiro inventan e fan o debuxo do vestido. Logo, fan o vestido con papel e logo xa o fan con tea e o levan a un desfile, para que a xente o vexa e o compre.
E que estes inventores e inventoras, pouco a pouco, foron pensando e inventando outros vestidos máis diferentes e bonitos,  que son os vestidos modernos que temos. Menuda exposición!!!



A partir de aqui, estes días estivemos inmersos no mundo da moda, vendo diferentes vestidos e escollendo os que máis nos gustaban. Clasificando segundo eran longos ou cortos, de verán ou para o frío.



Tamén, os cortamos e buscamos a sús parella, como nun quebracabezas.


E xogamos a ser diseñadores e diseñadoras de moda. Para iso, debuxamos o noso vestido de verán, seguindo as instrución de Alanna.


Fixemos o noso vestido de papel.



E presentámolos nun... GRAN DESFILE DE MODA!!!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails