viernes, 5 de enero de 2018

Compartindo o Nadal co centro de día "Atalaia".

O Nadal é tempo de compartir, de dar e recibir. E que mellor maneira, que facelo cos nosos amigos e amigas maiores do Centro de Día "Atalaia". 
Foi unha xornada moi especial, na que fixemos novos amigos e amigas que chegaron doutro cole. Onde grandes e pequenos compartimos momentos, sorrisos, conversas, xogos, música e moita divesión.


Despois da benvida, xogamos cos xogos que levamos da nosa aula. Uns xogos navideños feitos con cartón. Un para decorar árbores de nadal cun dado. Tendo en conta si salían os números que tiñan na súa maceta, e a súa cor.




Outro, tamén cos dados, para conseguir todas as folerpas de neve que caen das nosas nubes.




Un era un mémory no que tiñamos que encontrar as parellas de renos, que tiñan o nariz da mesma cor.




E o xogo do rato Alex, que pedíu como agasallo de nadal un trineo. Onde tiñamos que conseguir o trineo do noso rato, sacando no dado o número que tiña na súa barriga, e buscando o trineo que tiña ese número de círculos vermellos.




Logo, os maiores cantaron panxoliñas e tocaron instrumentos. E nos tocamos as palmas e bailamos sen parar.



E todo rematou cun intercambio de agasallos. Un neno doutro cole tocou unha panxoliña preciosa co seu saxofón.E nos e os maiores, intercambiamos doces que nos deixaron ganas de repetir esta xuntanza. 
Mil grazas a todos por permitir estes momentos. Haberá moitos máis.


 

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails