martes, 12 de diciembre de 2017

Xogamos cos trineos, grazas a "Alex y el deseo de la navidad".

Hoxe fixo de contacontos a profe Elena. Coñecimos unha historia dun rato e da súa mascota, un gatiño de xoguete.  E tamén, falaba dos seus desexos de nadal.
E logo, xogamos con algunhas cousas que vimos no conto. Primeiro, xuntando cada rato co seu trineo. Repartindo ratos e trineos, tiñan que buscar a súa parella. Asociar o número que tiña cada rato na súa barrigola, coa cantidade de puntiños vermellos que tiña o trineo.


E rematamos a actividade, viviendo a experiencia de ir nun trineo: como o rato Alex, Papá Noel, a Nai Noela ou como os renos. Foi unha proba de forza, un pouco difícil pero... moi moi divertida!!!




1 comentario:

Diana dijo...

Oh !!! Qué bonito !!! Muchas gracias

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails