domingo, 19 de noviembre de 2017

Proxecto "árbores". Traballo de lectoescritura.

O venres aproveitamos o ratiño da asamblea para realizar todos xunt@s unha actividade de composición de palabras relacionadas cos nomes das árbores; traballamos a grafía, o sons, e moito vocabulario novo.
Cada neno e nena tiña dúas letras escritas nunha pedriña, cando o son correspondía coa grafía da letra escollida tiñan que colocala no seu sitio. Falamos tamén de como eran as follas das árbores: tamaño, tipo de bordo, forma, cor ... e realizamos todos xuntos un mural identificativo coas follas e o nome da árbore. Este foi o resultado.








No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails