jueves, 16 de noviembre de 2017

Amigos de Nemo

Un paquete misterioso chegou esta semana á aula. Que será? Qué terá dentro?
Tocamos, ulimos, sentimos que pesaba pouco, que era brandiño e que estaba frío. Sabemos que dentro non pode haber un camión nin un balón de fútbol, pero... qué será?
Despois de pensar e pensar, decidimos abrilo. Sorpresa!! Amigos de Nemo, pero de verdade!

Dúas xoubas, un escacho e unha lura servíronnos para falar un chisquiño de como é a vida no fondo do mar, de que se alimentan, como as luras lanzan o chorro de tinta para sobrevivir e que os escachos case "camiñan" con tres "patiñas" buscando comida pola area...

Tocar as aletas, a cola, sentir o suaves que son... Experiencia sensorial a tope.


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails