jueves, 6 de julio de 2017

Rematan as lembranzas, disfrutade do verán!!!


Grazas ras por recibirme sempre cun sorriso, da igual que faga sol, chova ou vente. Polos vosos abrazos sen motivo ningún, as palabras de cariño que con tanta facilidade saen da vosa boca. As bromas, trasnadas, feitas sempre con inocencia. A vosa ilusión, emoción, imaxinación e capacidade de asombro. Por correxirme cando é necesario, guiarme, ensinarme a poñerme na vosa pel. Pola vosa felicidade infinita, nunca tiven alumnos/as tan cantareiros e bailaríns. Facedes que ensinar sexa unha tarefa fácil. Porque confiades en nós. E nos días que estamos cansos tedes a capacidade innata para facer o comentario axeitado que nos saque un sorriso involuntario. 
MOITÍSIMAS GRAZAS!!


FELICES VACACIÓNS!!. MOITOS BIQUIÑOS!!

3 comentarios:

Yolanda Alonso dijo...

Grazas a ti Moni por facer que ir a escola sexa o mellor dos agasallos! Grazas a todo o equipo de mestres que formades parte da familia tegriña! Grazas!

Ines Villar dijo...

Gracias a ti pola túa paciencia incansable e por facer que @s nos@s fill@s sexan tan felices nesa pequena grande familia, síntome moi afortunada.

Rebe dijo...

Grazas a ti!!! Recarga pilas a tope, que ainda nos queda un marabilloso curso para compartir, disfrutar e sentir. :)

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails