miércoles, 5 de julio de 2017

"O gran atasco". Taller de arte con Hervé Tullet

Na aula das ras estendemos un rolo de papel grande polo chan e colocamos unha serie de obstáculos. Cada neno/a cun vasiño e un pincel imaxina que este é un coche, que vai de viaxe e ten desprazarse polo espazo en branco con coidado de non tropezar. Unha vez rematada esta parte retiramos os obstáculos e xa temos centos de estradas, só falta debuxar a nosa cidade con coches, xente, árbores... o resultado final foi unha chea de cores, imaxinación e unha mañá moi divertida.




No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails