jueves, 15 de junio de 2017

Arte ao grande!!!

Cada mañá é rutinaria a pregunta: "¿hoy que hacemos de arte, profe?". Estamos totalmente entregados a facer o que sexa, onde sexa e co que sexa...
Esta vez creamos arte ao grande, xigante e sen pinturas de ningún tipo. Pensando, imaxinando e construindo cunha chea de cousas diferentes que tiñamos pola clase. Facendo cousas novas ou non tan novas, xa que como dixo Cíes: así hicimos a chuchilín y a Chuchilina con las chuches.
Primeiro vimos como empregan esta técnica algúns chicos e chicas en internet. E logo quixeron probala creando un mar cheo de peixes. E tamén, persoas diferentes como a súa nai, irmanciñas, piratas, superheroes, princesas, etc.
E coma sempre, a máis soprendida, foi a profe porque son... inmensamente xeniais!!! Non perdades detalle.










No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails