jueves, 4 de mayo de 2017

Propostas libres



As abelliñas afrontamos a nosa recta final no cole, e chegou o momento de poñer en práctica todos os valores traballados durante estes tres anos: responsabilidade, toma de decisións, traballo en equipo, respecto a sí mesmos, respecto aos demáis, pensamento crítico e autorreflexivo, autonomía, autoxestión...

Como sabedes, este trimestre non imos facer proxecto. Imos facer todo o que eles queiran, que para iso son os protagonistas da súa propia aprendizaxe. Seguiremos as súas curiosidades e intereses moi atentos, escoitaremos cada unha das súas propostas, e traballaremos en recantos de libre elección nos que, cada semana, terán actividades diferentes e eles mesmos poderán escoller nas que queiran traballar.

Neste pequeno vídeo podedes ver como estamos traballando esta semana:


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails