sábado, 6 de mayo de 2017

Nova sección na aula das ras. Que farías se...foses invisible?

Cada semana os nenos e nenas farán uso da súa imaxinación para contestar á pregunta: Que farías se ...?. Con diferentes propostas e alternativas. Deste xeito favorecemos dun xeito divertido a expresión oral e descubrimos cousas sobre a súa visión do mundo, desexos e necesidades.
Asier: Facer trasnadas.
Catuxa: Facer soa a comida.
Adriana: Tirar da cama aos meus pais.
Xoel: Coller unha cadeira poñela na neveira e comer chocolate.
Comba: Comer chocolate branco.
Lena: Perseguir a mamá e papá .
Thiago: Darlle un susto aos meus pais.
Carla: Facer as cousas que non me deixan facer os meus pais.
Leo: Ser unha pantasma e dar sustos.
Vera: Coller aos malos.
Nahia: botar unha poción aos meus pais para que me queiran moito.
Lara: Ir detrás de Carla para facerlle cóxegas.
Artai: Desfacer as camas

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails