jueves, 11 de mayo de 2017

A Eiza gústanlle os parruliños.

Eiza contóunos unha chea de cousas que sabe dos parruliños. Pero resultóu que todos e todas sabiamos cousiñas deles. E como as contamos e todos e todas as escoitamos, agora sabemos moitísimo máis!! E descubirmos que a moitos e moitas de nos, tamén nos gustan os parrulos.
E mirade cantas cousas fixemos co que íamos contando e aprendendo:
-Dramatizamos como se comunican, como fan coas ás, como nacen  e como camiñan.

 Buscamos cousiñas que son da cor so seu corpo e das súas patas e pico.
Fomos de paseo como fan eles, uns detrás dos outros.
 Bañámonos nos estanques.

 Xogamos cos parrulos de xoguete,  fixemos unha historia con eles e Eiza ensinounos un conto dun parrulo.
 Fixémonos cóxegas con plumas de parrulo.
 E construímos un parrulo con moitas cousiñas que tiñamos na clase, e que quedou... CHULÏSIMO!!!




No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails