sábado, 22 de abril de 2017

Os coelliños imos facer amig@s con Pilú Pilú, no CEIP "Paraixal"!!!

Pilú Pilú apareceu tras as vacacións, cunha nova e interesante proposta. Quere que fagamos novos e novas amigas noutro cole que el coñece, o CEIP "Paraixal". Con esta proposta  e a través dos contos, imos compartir intereses, agasallos feitos por nos, contos en galego e moitas sorpresas máis.
Nesta ocasión, tocóunos a nos comezar a aventura e para iso:

  • Pensamos unha carta que escribiu a profe e tod@s firmamos. Unha tarefa moi difícil pero na que aprendimos sobre todo, como comezar presentándonos e como despedirnos.
  • Fomos á biblioteca e escollimos un conto en galego e que nos gustara a tod@s.
  • Fixemos un agasallo que tiña que ver co conto, para mandarllo aos nov@s amig@s.
  • Fixemos unha foto que enviaremos para que vexan como somos.







Traballamos un montón e cando chegou o momento de facer o paquete, a algúns non lles gustou a idea de ter que dar o que fixeran... tanto esforzo e non era para elles!!! 
O que nos custa desprendernos do noso!!!Pero o que algo quere...
E agora, outro pequeno esforzo...porque toca esperar a resposta.CONTINUARÁ.

1 comentario:

Pili Serantes dijo...

Encantame, esta nova idea de Pilu Pilu, siempre e bo ter novos amigos.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails