viernes, 7 de abril de 2017

O pintor Brandán e os cadros de porquiños, feitos por famosos.

Brandán trouxo unha chea de fotos de cadros de porquiños, feitos por famosos. Contounos como se chamaban os seus autores e estivemos falando de por que os pintaron e con que o farían. Despois como tiñamos cadros repetidos, contounos que era para xogar con eles e fixemos un memory. Pasámolo moi ben buscando as parellas de cadros iguais!!!





Pero había outra sorpresa, por iso Brandán viña con ese gorro tan chulo de pintor... contounos todo o que necesita un pintor ou pintora para pintar: pincel, paleta e papel especial. Logo, diante de todos fixo a súa obra de arte con todos os materiais. Unha chulada!!!!
E rematamos con outra sorpresa... un agasallo para que poidamos facer o noso porquiño, porquiña ou a nosa obra de arte, co seu pincel, paleta e papel.  Pero como nos falta tempo para ensinar todas as cousiñas que trouxeron... quedamos en facelo en casa.



1 comentario:

Pili Serantes dijo...

Gracias a Brandán y a su mamá, por este especial regalo, nos ha encantado!!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails