lunes, 27 de marzo de 2017

Proxecto "Piratas"

Na clase das Ras rematamos proxecto, e para saber cales son as conclusións ás que chegaron os nenos e nenas despois de tanto traballo, tiveron que responder á seguinte pregunta: Que sabedes dos piratas?

Adriana: os piratas loitan.
Artai: os piratas rouban tesouros.
Hugo: roubaban tesouros e os agochaban debaixo do mar.
Comba: saltaban de barco en barco.
Leo: disfrázanse e poñen outra bandeira e fan sinais de socorro para enganar a outros barcos.
Lara: saltan de barco en barco para roubar tesouros.
Victor: conseguen tesouros porque queren ser ricos e tamén afunden barcos.
Vera: gardan tesouros nas illas e poñen un x.
Thiago: teñen espadas moi afiadas.
Xoel: usan o mapa para atopar os tesouros.
Teo: os piratas van en barco.
Lena: van en barco e agochan tesouros .
Catuxa: se ven un barco con ouro preparan os canóns.
Iker: queimaban algúns barcos.

1 comentario:

Unknown dijo...

Me encantan , son geniales.muchiiisimas gracias Moni!!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails