miércoles, 22 de marzo de 2017

Mía e a porquiña Luci ensináronnos a facer chourizos!!!

Mía e a porquiña Luci estiveron ensinándonos como son os porquiños por dentro. Falaron dos osos, dos órganos que teñen dentro e dos músculos. Cantas cousas!!!



Logo, chegou o máis interesante. Tivemos unhas profesoras xeniais, que nos ensinaron como se fan os chourizos, que tanto nos gustan!!!
Mía trouxo uns chourizos feitos cunha media e lá, que fixo coa súa nai en casa e que eran moi divertidos. Logo, escoitando o que contaba, coñecimos o que son as tripas, que primeiro se teñen que lavar porque poden ter anacos de comida ou caca.Vimos como temos que meter a carne dentro coa man e un funil. E practicamos facendo un con plastelina vermella, que daba ganas de comelo!!




E para rematar, había máis sorpresas. Mía trouxo chourizos de medias e lá para regalar e tamén... chourizos de verdade para compartir e comer!!! que estaban...para chuparse los dedos de los pies!!! RIQUííííSIMOS!!!




1 comentario:

Diana dijo...

Gracias por los chorizos ! 😹😹😹

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails