lunes, 20 de febrero de 2017

Primeira reunión sobre cousas importantes!

As abelliñas inauguramos un novo momento importante na aula: reunión xeral! Porque temos moito que dicir, moitas ideas que aportar, moitas cousas sobre as que reflexionar en voz alta e compartir opinións, e aprender a respectar as dos demáis.
Esta foi a primeira, na que falamos sobre o PATIO. Mentres os peques falaban, a profe ía guiando a conversa e transcribindo a debuxos todas as ideas. Inevitablemente o tema xirou en torno aos problemas que xurden nos momentos de xogo, por que nos enfadamos e como podemos solucionar estes conflitos de forma positiva. Sen desperdicio!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails