jueves, 23 de febrero de 2017

Darío e Dona Arquitectura en.... Onde vives ti?

Hai uns días, Darío veu ao cole acompañado por Dona Arquitectura. Era unha porquiña moi lista que sabe como se fan as casas en moitos países. E coa súa axuda, Darío ensinounos as casas dos tres porquiños, dunha forma moi diferente!!! Trouxo un conto que nos deixaba ver do que estaban feitas, pero tamén, como eran por dentro e o que tiñan nelas!!!



Foi moi divertido pero...non remataron así a experinecia. Porque Darío e Dona arquitectura nos ensinaron a casa dos esquimais que se fai con xeo, a casa dos indios que se fai con tea e paus, e unha casa africana que se fai con caca de vaca!!! Menuda sorpresa!!! e o que deu que falar esta casa...
E o que máis nos gustou foi que tamén nos ensinou, como se visten neses lugares do noso planeta e algún dos animais que viven alí.
Pasaámolo xenial e aprendimos un montón de cousas sobre o noso mundo.








Cando rematou a exposición, retomamos o mural das casas dos 3 porquiños porque tiña unha pregunta: e ti, onde vives?
Así comezamos unha longa conversación, onde nos contamos como son as nosas casas e o que temos e facemos nelas. E tamén, pensamos en como facer nos casas como os porquiños e imos traer material para intentalo. Xa estamos cos planos!!! Estade pendentes...

1 comentario:

Cristina dijo...

"Una de las cosas más afortunadas que te pueden suceder en la vida es tener una infancia feliz".
Gracias por el reportaje fotográfico!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails