miércoles, 18 de enero de 2017

Novo proxecto na aula das abelliñas!

As abelliñas xa estamos a tope traballando nun novo proxecto sobre os CIENTÍFICOS, ainda que Rosalía de Castro tamén está acaparando unha gran parte da nosa curiosidade (marabilloso!!).
Aquí tedes un pequeno resumo da grande asemblea na que compartimos as nosas ideas previas sobre o tema.
A través dunha actividade chamada "iPad xiratorio", cada neno/a resumiu nunha palabra algo que sabe sobre o tema, escribíndoa no iPad. Os demáis escoitamos moi atentos para aprender cousas novas e non repetir. Ó final, con todas as aportacións fixemos unha nube de palabras estupenda!! Un bo punto de partida para o noso proxecto!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails