jueves, 19 de enero de 2017

Mauro, Ezequiel, Neizan e o conto de... "Los tres cerditos".

Estes días tivemos diferentes versións deste famoso conto. Nelas os porquiños empregan cousas diferentes para facer as súas casas. E o lobo ás veces se disfraza e ás veces non. Despóis de moito falar, parece que o lobo non aprende a lección e volve para tentar comer aos porquiños, un día e outro día e outro día...
Comezamos coa sesión de contacontos de Ezequiel, que tamén trouxo o audio-conto e así poidemos escoitar de verdade a voz dos porquiños e do lobo, como sopraba e o ruído de como se destrozaban as casas!!! 



Seguimos coa sesión de Neizan e o pequeno conto dos 3 porquiños. Neste conto pensamos que o lobo comera de verdade aos dous porquiños pequenos. Foi porque nunha páxina tiña a barriga moi gorda, pero pronto alguén dixo que era porque estaba chea de aire para soprar. Que susto!!!
Nesta ocasión, ao final do conto, tivemos una agasallo de Neizan. Mirade que lapiceros con cabeciña de porquiño máis chulos fixo coa súa nai. Gústalle moito facer manualidades na casa e sempre pensa nos seus amigos e amigas do cole, que lle deron as gracias e unha chea de bicos e apertas.




E rematamos coa sesión de Mauro, que trouxo de axudante ao irmán de Pepa Pig. O seu conto estaba cheo de sopresas e puidemos ver e tocar de verdade a palla, os paus, as pedras, a pel dos porquiños e tamén a do lobo!!!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails