Puxémonos en camiño e así nos coñecimos peques e maiores... Facendo amigos e amigas!!!
Compartimos unha sesión de contacontos: unha fermosa historia dunha árbore de Nadal.
E entre todos quixemos facer a árbore do conto. Os maiores tiñan unha árbore preciosa que fixeran de cartón, e nos levabamos as estreliñas que fixeramos na escola. QUEDOU CHULÍÍÍÍÍSIMO!!!
Pero a visita non rematou así. Facendo un pouco de maxia cunha caixa baleira, houbo agasallos-sorpresa para todos e todas. Para os maiores unhas árbores de Nadal pequeniñas e para nos unha bolsa con chocolatinas!!!
Compartimos momentos moi moi especiais. Por iso, pronto faremos outra visita con outras sorpresas...
2 comentarios:
Sólo puedo decir gracias
Publicar un comentario