jueves, 12 de enero de 2017

Así o pasamos os coelliños antes do Nadal, no Centro de Día Atalaia.

Preparamos a visita, aprendendo un conto e facendo unhas estreliñas para unha sorpresa...


Puxémonos en camiño e así nos coñecimos peques e maiores... Facendo amigos e amigas!!!



Compartimos unha sesión de contacontos: unha fermosa historia dunha árbore de Nadal.


E entre todos quixemos facer a árbore do conto. Os maiores tiñan unha árbore preciosa que fixeran de cartón, e nos levabamos as estreliñas que fixeramos na escola.  QUEDOU CHULÍÍÍÍÍSIMO!!! 




Pero a visita non rematou así. Facendo un pouco de maxia cunha caixa baleira, houbo agasallos-sorpresa para todos e todas. Para os maiores unhas árbores de Nadal pequeniñas e para nos unha bolsa con chocolatinas!!! 


Compartimos momentos moi moi especiais. Por iso, pronto faremos outra visita con outras sorpresas...

2 comentarios:

Pili Serantes dijo...

Sólo puedo decir gracias

Pili Serantes dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails