lunes, 5 de diciembre de 2016

Celeste e o teatro de coelliños e coelliñas de cores!!!

Celeste trouxo ao cole un teatro que fixo coa súa familia. Explicounos como tiñamos que montalo e pedímoslle axuda a Fran, porque tiñamos que colgalo do teito... Logo puxo o cartel e saíu ela a facer de títere. Pero non era a única sorpresa... a bolsa gardaba unha chea de títeres de coelliños e coelliñas de cores, de agasallo para todos e todas. E tamén...



Música para bailar con eles!!! E así o fixemos. Bailamos, puxémoslle nome, inventamos historias cos nosos amigos e amigas. Pasámolo xenial!!!
Agora van estar uns días na escola, para que poidamos xogar e bailar un pouquiño máis con este teatro de títeres tan bonito!!!


.

1 comentario:

Cristina dijo...

Chulísimo, gracias!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails