viernes, 16 de diciembre de 2016

Autoavaliación!


Hai ACTIVIDADES grandes, así con maiúsculas, coas que aprendemos a "mirar dentro de nós", a ser críticos, honestos, reflexivos...
As abelliñas, dende que estamos en 3 anos, sabemos "ler" os boletíns de notas que chegan ás familias onde as profes colorean as estreliñas de verde, amarelo ou vermello. Sabemos o que significan esas cores e queremos esforzarnos por conseguir cada vez máis verdes. Sabemos o que significan os debuxiños e por qué temos unha ou outra cor en cada un deles.
Pero en 5 anos damos xa un pasiño máis e comezamos a avaliarnos nós mesmos. En silencio, reflexionando tranquilamente e pintando as estreliñas da cor que cada un pensa que merece. 




Pouquiño a pouco, imos explicando o que significa cada un dos debuxos e, despois dun tempiño de reflexión, imos coloreando as estreliñas. Despois, un diálogo moi, moi productivo sobre cousas coma estas:




Moitas cousas me chaman a atención desta actividade:
- Cando lles pedimos que sexan honestos, son moito máis críticos consigo mesmos do que somos os adultos.
- Son perfectamente conscientes de cales son os seus puntos débiles e fortes.
- Ainda que eles son moito máis "duros" consigo mesmos (puxéronse moitos máis vermellos e amarelos dos que lles puxemos os profes), sí coinciden os ítems nos que a avaliación non é positiva.
- Os ítems nos que se valoran máis negativamente son os relacionados máis con comportamento que con aprendizaxes (resolución pacífica de conflitos, normas de comportamento e convivencia, esforzo e atención nas tarefas, chegar a acordos no xogo cos compañeiros/as, normas das conversas...).
- Algúns nenos/as teñen un nivel de esixencia moi alto nas actividades de lectoescritura e lóxico-matemática. Ainda que o seu nivel e bo nestes aspectos, a súa valoración non é positiva.


ALUCINANTE. Unha vez máis, estes pequenos me deixaron sen palabras.


3 comentarios:

Unknown dijo...

Gran traballo Marta e por suposto gran traballo abelliñas!!!

Maria dijo...

Increíble Marta! ...los papis y mamis te agradecemos el detalle, el mimo en cada actividad! Gran trabajo de todos los peques...!

Tegriña dijo...

¡¡¡Gracias a vosotros!!! Tenéis unos peques que son unos soles y es un gustazo trabajar así!! :)

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails