viernes, 4 de noviembre de 2016

Curiosidade polo número 100

O número 100 tennos moooi intrigados dende que traballamos cos "chupimonstruos" e co panel do 100. Caberían 100 coches no noso patio? E 100 elefantes? E 100 chuches nunha bolsa? ... E por qué non probamos?? O dos coches e os elefantes non o podemos probar... pero o da bolsa sí! Unha actividade case improvisada coa que aprendemos moito!
Onte cada neno levou para casa unha bolsiña para ver se nela podía meter 100 cousas. Hoxe un montón delas voltaron ao cole cheíñas de tesouros!
Abrimos a mente, pensamos... cantidade e volume... cando a vista "nos engaña"... Onde hai máis?


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails