miércoles, 9 de noviembre de 2016

Así montamos a cabalo, grazas ao coelliño Bigotes!!!

O coelliño bigotes contoulle a Puntillas, que lle encantan os cabalos, que son os seus amigos e ás veces monta neles para ir de paseo. Nos tamén queriamos montar a cabalo, e comezamos a pensar como facer para conseguilo...
O primeiro o corpo e as 4 patas, e despóis de moito buscar, escollimos as cadeiras. Pero a cabeza do cabalo? Leila dixo que podiamos debuxala, e Gael Valero contestou que era moi difícil.Todos pensaban o mesmo. Entón Alanna falou de buscar un debuxo no ordenador e así o fixemos. Tocoulle á profe Elena copialo nunha folla que levaron á fotocopiadora para ter moitos cabalos.
Pero...faltaba algo más, Mía e Ada dixeron que se pone algo para sentanse nos cabalos... aínda nos sabemos se é para non emporcarnos ou para non caer.... Pero conseguimos montar a cabalo e pasámolo xenial. Ata tivemos publico que animaba e todo!!!



No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails