jueves, 17 de noviembre de 2016

Así buscamos nome aos coelliños de Celeste.

Hai uns días Celeste trouxo estes coelliños pero... sen nome. O noso traballo era buscarlles un e menudo traballo!!! Primeiro buscar letras, porque os nomes se fan con letras. Cada un a que máis lle gustaba. Logo, colocalas e descolocalas... as letras dos nosos nomes van xuntas...e puxémonos a xuntar as que nos escollimos. 



Pouco a pouco saían nomes que leíamos e dicíamos se nos gustaban ou non. E mesturando, mesturando inventamos dous nomes chulísimos!!! Un de chica para a coelliña pequena "Doana". E un de chico para o coello grande "Moquere".


Pero faltaba saber que eran de familia. Pai e filla, tío e sobriña, avó e neta. E fixemos un xogo onde decidíu Celeste. Agora xa sabemos que son o Tío Moquere e a súa neta Doana.
Pero nos queda inventar a súa historia e facerlles unha medalla co seu nome. Para que non o esquezan!!!

1 comentario:

Diana dijo...

Como trabajan todos esos conejitos ,verles disfrutar con cada actividad que realizan en la escuela es increíble .

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails