sábado, 26 de noviembre de 2016

Aitana científica

É xenial que as mochimaletas dean taaaanto de si!!! Esta semana Aitana sorprendeunos cun experimento chulísimo que fixo en casa cos seus papis, que aparecía nun dos libros que levou para casa na mochila viaxeira.
Con el, traballamos os catro sabores (doce, ácido, salgado e amargo), identificamos o sabor do vinagre, falamos das diferenzas entre líquidos e sólidos...
A primeira parte do experimento non está recollida no vídeo, pero Aitana explicounos estupendamente todo mentres botaba o vinagre dentro da botella.
Antes de facelo, elaboramos as nosas hipóteses sobre que ía suceder: vai explotar o globo, vai facer pompas, vai saír voando, vai explotar a botella...
Finalmente, isto foi o que sucedeu...
Graciñas Aitana e familia!!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails