domingo, 2 de octubre de 2016

Premios ClassDojo deste ano

Os chupimonstruos xa están conseguindo un montón de puntos!!! O ano pasado foi a profe a que propuxo os premios que conseguimos pouco a pouco ao longo do curso. Pero este ano, que xa somos maiores, decidimos en equipos que premios queremos ir gañando. Cada equipo fixo a súa proposta e, como somos 5 equipos e non houbo ningunha repetida, así quedou a cousa finalmente:


- Con 15 puntos levaremos para casa un conto, aínda que non sexa venres.
- Con 30 puntos, escolleremos un xogo da aula para levar a casa.
- Con 50 puntos, levaremos un conto e un muñeco/peluche.
- Con 75 puntos, unha medalla.
- Con 100 puntos, un trofeo!

Veña!!! A ver se este ano conseguimos chegar ao 100!!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails