martes, 21 de junio de 2016

O camión de Puntillas e como festexamos o seu aniversario.

Hai uns días, chamounos por teléfono, Rufino, o amigo invisible de Puntillas. Nunca falaramos con el e puxémonos moi nerviosos. Foi para contarnos que viñan ao cole nun camión, e como Puntillas so sabe falar coello, pois quería dicirnos que se lles acabara a gasolina. Estaban esperando no patio, pero non podían pasar porque estaba unha das portas pechadas. Que fóxemos buscalos.E alí fomos nos a buscalos. Foi moi emocionanate!!!
Estabamos encantados de ver a Puntillas e ademais, traía agasallos para todas e todos. Estivemos pensando o por que dos agasallos: nos quere moito, quere despedirse o é o seu aniversario? e por si acaso, festexamos o seu aniversario. Puntillas sempre é moi ben vido. Querémolo tanto!!!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails