miércoles, 11 de mayo de 2016

Visitamos o Mercado de Teis

Dentro do proxecto dos alimentos e as receitas de cociña, as abelliñas quixemos visitar o Mercado de Teis para continuar investigando e aprendendo. Dende aquí queremos dar as GRAZAS a todos os traballadores, que nos ensinaron e explicaron moitísimas cousas!!! E a Teacher e Margui por acompañarnos no paseo (gran paseo!):
- Aprendemos como se chaman as distintas tendas e que produtos se venden nelas.
- Observamos (e algúns deles tamén os tocamos!) cousas alucinantes: un bogavante, unha lingua, uns chocos e un polbo enormes...
- Vimos a diferencia entre a carne de porco e a de vaca.
- Descubrimos que o rape ten unha cana de pescar que lle serve para alimentarse cada día!
- Na froitería, pedimos a froita que queriamos e as cantidades que acordamos previamente na aula.
- Tamén pagamos e recollimos o cambio.

O zume foi un éxito! Cenorias, pexegos, laranxas, melón, fresas, mazás e peras. Estaba delicioso!!

Aquí tedes as fotos desta aventura!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails